Reglamento

Reglamento do TRAIL DO TREGA. Un percorrido cunhas marabillosas vistas do Atlántico, desembocadura do río Miño e a súa fronteira con Portugal

 REGULAMENTO

 Artigo 1.- ORGANIZACIÓN


O Concello da Guarda, en colaboración con NOKO deporte y Salud, a Deputación de
Pontevedra e comunicades de montes de A Guarda e Camposancos, organiza o próximo 21 DE
NOVEMBRO DE 2021 a VIII edición do TRAIL DO TREGA


Artigo 2.- A PROBA


O Trail do Trega é unha PROBA DE 15 KM E CON 800 METROS DE DESNIVEL. Se establecerá o
protocolo covid vixente na data da proba.
A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía
galega A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a
orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa
preparación.
A organización habilitará 1 avituallamento no percorrido.


Artigo 3.- REGULAMENTO


A inscrición á proba implica a total aceptación deste regulamento. O presente regulamento
será de estrito cumprimento para todos os participantes do Trail do Trega.


Artigo 4.- PARTICIPACIÓN


Os participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter limpo a
contorna da mesma. Para iso deberán comer e beber SEN DEIXAR NINGÚN ENVASE FÓRA DOS
RECIPIENTES habilitados para tal uso. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO CARREXARÁ A
DESCALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR, podendo ser inhabilitado mediante un simple
testemuño de calquera membro do equipo organizativo da Carreira.
A idade mínima de participación é de 16 anos cumpridos o mesmo día da proba, e non se
permite a participación a ningún atleta con menos da devandita idade. Está prohibído ir
acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.
O corredor do Trail do Trega deberá levar o dorsal facilitado pola Organización en todo
momento, nun lugar visible (parte pectoral dianteira) non podendo ser recortado, dobrado nin
modificado. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO, CARREXARÁ A DESCUALIFICACIÓN INMEDIATA
DO CORREDOR.


Artigo 5.- A CARREIRA


O itinerario da carreira será sinalizado con cinta balizadora e señalética especîfica creada para
a proba. O rutómetro da mesma é o publicado na páxina web oficial da carreira
(www.traildotrega.com).
Calquera cambio ou modificación no mesmo farase público polos mesmos medios.
O percorrido non estará pechado ao tráfico, polo que os deportistas deberán extremar as
precaucións e respectar o código de circulación viaria. Durante o transcurso da carreira, os
participantes deberán FACER CASO aos MEMBROS DA ORGANIZACIÓN da proba en todo
momento. O non cumprimento deste punto, implicará a descualificación inmediata. A proba
estará controlada de modo electrónico mediante o sistema de chip de MyLaps. Os
participantes deberán portar o chip durante todo o percorrido, situándoo na zapatilla do
corredor, xa que no caso contrario, as lecturas dos tempos non se realizasen correctamente.

 

Artigo 6.- INSCRICIÓN


A inscrición ao Trail do Trega iniciarase a partir do 12 de outubro a través da páxina web da
proba e finalizará o día 17 de novembro e os prezos de inscrición serán de:
14 euros do 12 o 17 de outubro
16 euros do 18 de outubro o 14 de novembro
18 euros do 15 de novembro o 17 de novembro
. A inscrición á proba inclúe:
– Dereito de participación.
-Seguro de accidentes e RC Bolsa do corredor.
-Peza ou obsequio participación.
-Servizo médico.
-Avituallamiento nos puntos habilitados.
Outros custos posibles: A proba se cronometrará co sistema de MyLaps, se non se posúe chip
amarelo terase que alugar un cun custo de 1 euro. A entrega de dorsais o comunicaremos dias
antes do evento

Artigo 7.- AVITUALLAMENTOS


A organización poñerá a disposición de todos os participantes de avituallamientos repartidos
en todo o percorrido onde poderán fornecerse de auga, isotónico, comida e froita, ademais
doutros produtos postos pola organización. Debido a situación actual, a froita será entrega por
persoal da organización, mentras que o restante avituallamento estará embolsado de forma
individual.


Artigo 8.- DEREITOS DE IMAXE


A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dos participantes durante a proba,
incluíndo momentos previos e posteriores, desde a recollida de dorsais, entrega de premios e
traslado dos participantes, para a promoción e difusión da proba sen ningún límite temporal
para utilizalos.


Artigo 9.- CATEGORÍAS


-Absoluto (masculino e feminino)
-Sénior (masculino e feminino)
-Veteranos 40 (masculino e feminino)
-Veteranos 50 (Masculino e Feminino)
Establécese a categoría especial «empadroados na Guarda» cos tres primeiro@s.
Premios NON acumulables, salvo na categoría de empadroados na Guarda


Artigo 10.- CANCELACIÓNS


En caso de non poder celebrar a proba pola COVID 19, serán devoltas as inscricións o 100%.

Artigo 11.- SERVIZOS GARDARROUPA


A organización poñerá un servizo de gardarroupa para os participantes.

Artigo 12.- NORMAS AMBIENTAIS


A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación destas normas de carócter
especial para co medio ambiente: – Unha parte da proba desenvólvese no interior de espazos
protexidos que albergan unha flora e unha fauna sensible e vulnerable e na que os
participantes deben actuar con coidado e responsabilidade.